Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Dona Landra no Río Revolto

Autor: Varela Ferreiro, Alberto

Ilustrador: Varela Ferreiro, Alberto

No río cada ano hai máis porcallada. Plásticos, latas ferruxentas, pneumáticos, lavadoras… Os animais, como a garza, o salmón, a lamprea, a troita, o parruliño, a libeliña, a lontra ou a donicela estanse afacendo a vivir con todo isto, pero unha masa verde e fedorenta remata coa súa tranquilidade. Dona Landra, que estaba no seu carballo, voando a fume de carozo terá que averiguar quen é ese periogoso monstro. Dona Landra no Río Revolto é un álbum, escrito e debuxado por Alberto Varela Ferreiro, que aborda o tema da contaminación nos ríos. Ferreiro continúa así a serie de álbums ecoloxistas protagonizada por Dona Landra, iniciada o pasado ano con Dona Landra contra a Lapa.