Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Do A ao Z con... Rosalía

Autor: Fernández Ana María

Ilustrador: Montes Pampín Javier

Rosalía, unha das tres coroas da nosa literatura do Rexurdimento, retratou coma ninguén nos seus versos unha Galicia coa que aínda nos sentimos identificados: aires, cantares, estrelas, hortas, namorados, outeiros, pazos... A través de vinte e tres palabras significativas, e confluíndo co léxico rosaliano, a autora deste libro suxírenos un achegamento ao mundo poético da cantora do Sar.