Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

O centro do labirinto

Autor: Fernández Paz, Agustín

A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora na ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías. Nos anos en que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desigualdades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra.