Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Os sons da buguina

Autor: Labraña, Carlos

Ilustrador: López Vázquez, Noemí

Na Vionta, unha pequena illa esquecida no linde do horizonte vive Tonecho, mozo que rexenta unha taberna visitada por xentes que andan á procura dun abeiro. Todo muda o día en que o vello Nomar regresa a súa Ítaca e rescata a buguina agochada o día da partida. A estraña aparición dunha rapaza núa no areal, enchoupada de mar, fará que as historias caladas agromen de novo. Os sons da buguina murmuran unha antiga lenda que se torna realidade.