Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Un bico para Osiño

Autor: Holmelund Minarik, Else

Ilustrador: Sendak, Maurice

–Que bonito me quedou o debuxo! –dixo Osiño.
–Ola, Galiña. Este debuxo é para a Avoa.
–Podes levarllo?
–Podo, si –dixo Galiña.
A Avoa encantoulle o debuxo.
–Este bico é para Osiño –dixo ela–. Podes darllo, Galiña?
–Estarei encantada de facelo –dixo Galiña….
“Un bico para Osiño” é un relato breve, humorístico, cheo de afecto e de amor. Afecto de Osiño cara a Avoa Osa, a quen obsequia cun debuxo e cun bico que vai transmitíndose dun animal a outro, entre os habitantes do bosque, ata chegar á súa destinataria final. Un bico itinerante e acumulativo, que ademais ramifícase nunha historia de amor paralela cun final que enche de felicidade a toda esta entrañable veciñanza faunística.