Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 531 libros

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. En O Regreso do Rei Frodo e Sam, na súa penosa viaxe á Terra Escura, reciben a axuda inesperada dun ser a quen coñecían só das lendas. A traizoeira criatura intenta acabar con eles para apoderarse do Anel, sen conseguilo, anque Frodo acaba en mans dos orcos, ferido. Só a cobiza deses seres detestables os salvará e lles permitirá continuar a viaxe, tortuosa e esgotadora polo sinistro deserto de Mordor cara a Orodruin, a montaña de lume na que se forxou o Anel e onde debe ser destruído.Paralelamente, no antigo reino de Gondor, rexido por mordomos que agardan a chegada do descendente do rei, desaparecido hai séculos, Aragorn demostra que pode curar coas súas mans. Este prodixio revela o seu sangue real e ábreselle o camiño ó trono de Gondor, ó mando do cal consegue derrotar definitivamente ó Señor Escuro. Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.

O Señor dos Aneis III

Tolkien, J. R. R.

400Ver
14+

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista. Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi " Premio Protagonista Jove " , outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.

Noite de voraces sombras

Fernández Paz, Agustín

176Ver
14+

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental de Pel de lobo, a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden o que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores. Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, o traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanta a público xuvenil como adulto.

Pel de lobo

Miranda, Xosé

112Ver
14+

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris. O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas… Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota.

Servicio de urxencias

De Toro, Suso

192Ver
14+