Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 30 libros

Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100. Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le. An Alfaya escribiu “A muller prohibida”, un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido. Ramón Caride escribiu “A primeira aventura de Sheila e Said”, que nos sitúa na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. Un trepidante relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria. Agustín Fernández Paz escribiu “As sombras do faro”, un estremecedor relato de terror e intriga, coa presencia das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente en Pontebranca. Rememora as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentían por visita-lo outeiro do faro, onde non vai nunca ninguén. Xabier P. Docampo escribiu “Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira”, un conto cheo de humor. A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira; conmocionado polo golpe, dende entón farfallaba unha lingua que non entendía ninguén. Silvano era un neno simpático, para todos tiña algunha palabra amable que dicía con cara de risa, magoa que ninguén o entendera. Miguel Vázquez Freire escribiu “A secta do can”, un relato de ciencia ficción e intriga. Ax debe localizar, neutralizar e, se fose preciso, destruír á Secta do Can, un grupo de natureza descoñecida que intervén de forma reiterada en pantallas públicas e privadas, mediante mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Única Universal.

Historias para calquera lugar

Alfaya, An;Caride,...

224Ver
10+

Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise agotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguén o descubrise. Derdrín é un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrín ten 300 anos de idade. É moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Tódolos días, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas aventuras, ata facérense moi boa amigos. Nas festas de nadal, derdrín disfrázase de Papa Noel. Pero terá saudades do seu bosque, e da súa amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben. No corazón do bosque, o libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado fermosamente por Miguelanxo Prado, é unha historia de seres fantásticos, onde trasnos, aneis máxicos con poderes, seres invisibles desenvólvense sobre a atmosfera natural da fraga do Eume. Como é habitual nas obras de Fernández Paz, neste libro tamén se abordan outras cuestións de interese para os lectores de oito anos en diante:.a convivencia dentro da familia, os conflictos dentro da aula, os problemas económicos, a amizade e a soidade, os problemas ecolóxicos ou do medio ambiente. O eixo do libro está constituído, pois, polo encontro dunha nena de hoxe cun ser tan característico do mundo mítico galego (e tamén do peninsular e europeo) como é o trasno.

No corazón do bosque

Fernández Paz, Agustín

144Ver
8+

Este libro está formado por tres contos: " O trasno de Alqueidón " Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man. " Neve na Amaía " Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico. " Chave de Ponte, Chave de Carballo " Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

O trasno de Alqueidón

Aleixandre, Marilar

72Ver
8+