Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Carabuñas

Autor: Margarita del Mazo

Ilustrador: Pardi, Charlotte

—Vaia, ho! Caramuxo botou un foguete! —Non son Caramuxo. Son Carabuñas, o que nunca corta as uñas! -contestou o bruxo, rabioso. —Non me veñas con contos. Ti es Caramuxo! —Dígoche que non. Son Carabuñas!

Aínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 360 graos.