Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 530 libros

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. Non comprenden nin gostan de máquinas máis complicadas ca un muíño de auga ou un tear de man, anque son hábiles coas ferramentas. Xa nos tempos antigos desconfiaban polo xeral da “Xente Grande”. Teñen o oído agudo e a vista penetrante, e anque tenden a ser gordos e non corren innecesariamente, son de movementos áxiles e lixeiros. En A Irmandade do Anel, o primeiro volume desta triloxía, o Hobbit Frodo Bulseiro recibe un Anel máxico como herdanza do seu tío Bilbo. Para protexer este Anel e evitar que caia nas mans dos servidores do Señor Escuro créase A Irmandade do Anel, composta por representantes dos pobos dos elfos, os homes, os hobbits e os ananos, que acompañarán a Frodo durante unha longa viaxe por terras estrañas e perigosas. Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.

O Señor dos Aneis I

Tolkien, J. R. R.

520Ver
14+

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvae. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vintecinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de Amor dos quince anos, Marilyn. Un libro co Agustín Fernández Paz quere render unha homenaxe ó cine e ós seus mitos, cando se cumpren cen anos do seu nacemento. Amor dos quince anos, Marilyn, publicado inicialmente na colección Merlín en 1995, recupérase para a colección “Fóra de Xogo”, obtivo un unánime recoñecemento da crítica: “Agustín Fernández Paz rende homenaxe á sétima arte nun volume onde os recordos e a paixón se mesturan nunha escrita colorista e áxil. Fernández Paz propón unha deliciosa narración sobre un olimpo de estrelas onde a vida e o soño ulen a celuloide” (O Correo Galego). “Actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine, entretecen estas cinco historias magnificamente narradas nas que o autor, confírmase, de novo, como un dos máis interesantes do actual panorama literario” (Xián Xaneiro, CLIJ) “A conclusión engaiolante que un tira lendo Amor dos quince anos, Marilyn é que o autor sabe que a ‘fábrica dos soños' do ser humano non vai morrer xamais” (Xoán Acuña, Atlántico diario).

Amor dos quince anos, Marilyn

Fernández Paz, Agustín

160Ver
14+

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, “A tentación de Lanzarote”, presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se “A tentación de Lanzarote” libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, “Amor de Merlín”, libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, “A morte do rei Artur” propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .

Irmán Rei Artur

Reigosa, Carlos G.

160Ver
14+