Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: más de 1000 libros

Contos con sombreiro

Fernandez, Ana María

No disponibleVer
8+

Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada “Teoría do final feliz” e remata cun emotivo “Lembranzas dos irmáns Grimm”, escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, “O lobo e os sete cabritos” e “Os músicos de Bremen”. Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de “Nabiña” e “Os mensaxeiros da morte”. Silvia Blanco de “O fiel Xoán” e “Os mensaxeiros da morte”. Tino Gatagán de “Hänsel e Gretel” e “Brancaneves”. Javier Zabala de “O pescador e a súa muller” e “A viaxe de Polgariño”. Pablo Díaz de “O xastriño valente” e “Brancaneves e Rosavermella”. Miguel Calatayud de “A Cincenta” e “O paxaro de ouro”. Jesús Gabán de “Carapuchiña Vermella” e “A Bela Dormente”. Federico Delicado de “Os seis cisnes” e “A raíña das abellas”. Por último, María Jesús Santos de “Polgariño” e “A laverca cantareira e saltareira”. Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o Nadal.

Contos de Grimm

Grimm, Jacob;Grimm,...

240Ver
8+

O presente volume recolle catro contos de Ernst Theodor Amadeus Hoffman, “O Crebanoces e o rei dos ratos”, “O neno descoñecido”, “O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais”, e “O home da area”, traducidos para o galego por Xabier Rodríguez Baixeras e ilustrados por Judith Morales e Adrià Gòdia, Manuel Ortega, Javier Sáez e Ricard Castells. Esta dobre antoloxía vai precedida por unha introducción realizada por Luis Mateo Díez, titulada “Castelos no aire”, e por un emotivo epílogo, “Catro rostros dun home”, escrito por Juan Tébar. Estes catro contos serán acollidos polos lectores dentro do curruncho das súas alegrías e terrores predilectos. Catro relatos que, para Juan Tèbar, poden lerse como catro rostros do propio Hoffman (escritor, músico e máis pintor, a un mesmo tempo): “O Crebanoces”, posiblemente o conto máis famoso dos escritos por Hoffman, é o seu rostro para nenos, tinguido de tremores inesquecibles; o segundo, “O neno descoñecido”, é o seu rostro máis infantil aínda, tinguido dunha profunda tristura e un toque de fondo misterio; o terceiro, “O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais”, é o rostro musical de Hoffman, unha fermosa contenda de amor; por último, “O home da area”, é o seu rostro máis sinistro, terrible versión do noso popular co, do sacaúntos ou do home do saco. Os contos de Hoffman son divertidos, fabulosos, estarrecedores, conservando hoxe na nosa lingua todo o seu ritmo e fantasía. Contos para nenos grandes ou pequenos, contos para nenos e para os que non o son.

Contos de Hoffmann

Hoffmann, E.T.A.

304Ver
8+

Oito contos de nadal reunidos nun volume singular, de grande formato e encadernación acortonada, que constitúe un feito único na edición en lingua galega. A recuperación do clasicismo narrativo do conto emotivo, que frecuentara Emilia Pardo Bazán, transformado por Manuel Rivas en neons de emoción, reinventadas visualmante por Miguelanxo Prado. O diálogo expansivo entre estas dúas miradas sensibles converten a este libro nunha buguina de esperanza. Oito historias acontecidas nos días de nadal, imaxes dunha realidade luxada pola incerteza do noso tempo e transformadas pola alquimia da memoria. “O namorado de María” ou a peripecia dos tres Magos que queren inventar a verdade a bordo dun coupé packard, circulando por un país condenado á insuficiencia respiratoria. “Madonna” ou a crónica emocionante dunha rapaza de cuarto de ESO, magoada polo mal das vacas tolas que afecta a unha das vacas da súa granxa o día de Noiteboa. “O partido de Reis” ou a proeza de Félix, ese mozo con síndrome de Down, que consegue pasar a raia estremecendo aos seus compañeiros de equipo que desputan un encontro cos das Casas Baratas. “O amor das sombras” ou o camiño que percorre na Noiteboa, acompañado do seu can, o vello solitario na procura da namorada da súa memoria. “A barra de pan” ou a sorprendente narración de como o Chanel comeu unha alma, transformada en barra de pan naqueles tempos da fame e da cartilla de racionamento. “O carteiro de Papá Noel” ou a experiencia de quen traballou ao servizo duns grandes almacéns e comprobou abraiado que naquela noite había moita felicidade que repartir. “Okay” ou a traxedia do naufraxio na Noiteboa do Begonia, o mellor buque do Gran Sole, provocado por un maldito golpe de mar. “A chegada de Ingrid” ou o recordo do regreso de Alemaña dun dos compoñentes daquel curioso Dúo Dinámico, que trouxo na maleta Ingrid, a moneca que falaba da súa soidade e expresaba o desexo de ser amado.

Contos de Nadal

Rivas, Manuel

128Ver
14+

Contos e poemas para un mes calquera

García Teijeiro,...

No disponibleVer
10+