Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 531 libros

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como “Érase unha vez”, “Desta era” ou “Nos tempos de Maricastaña”. O cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega; todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro. Neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.

Cando os animais falaban

Reigosa, Antonio;Miranda,...

128Ver
12+

Dentro da súa colección de contos universais, Xerais publica Contos completos de Charles Perrault, volume que pecha esta serie onde se publicaron as versións galegas dos Contos de Andersen, dos Contos de Grimm, dos Contos de Hoffman e dos Contos das 1001 noites. A presente edición dos Contos completos de Charles Perrault foi traducida por Carmén Torres París. Na primeira parte do volume recóllense os contos en verso: “Grisélide” (ilustrado por Paz Rodero), “Pelica de Asno” (ilustrado por Roció Martínez) e “Os desexos ridículos” (ilustrado por Ulises Wensell). Na segunda parte recóllense os chamados “Contos de antano”: “A Bela dormente do bosque” (ilustrado por Teresa Novoa), “Carrapuchiña vermella” (ilustrado por Juan Ramón Alonso), “A Barba azul” (ilustrado por Emilio Urberuaga), “Mestre gato ou o gato con botas” (ilustrado por Arcadio Lobato), “As fadas” (ilustrado por Ana López Escrivá), “A Cinsenta ou O zapatiño de cristal” (ilustrado por Alicia Cañas Cortázar), “Riquete o do copete” (ilustrado por Asun Balzola) e “Polgariño” (ilustrado por Carme Solé i Vendrell). O libro complétase cun fermoso prólogo, titulado “Pagar en peñor”, preparado polo escritor Gustavo Martín Garzo. Os contos de Charles Perrault forman parte do acervo de historias esenciais, fundantes da ficción universal, aquelas que substentan a nosa vida e protexen o noso pensamento; ese repertorio secreto que dunha forma máis ou menos declarada tódalas culturas vense obrigadas a reproducir para constituírense como tales.

Contos completos

Perrault, Charles

272Ver
8+

Gianni Rodari escribiu esta obra hai cincuenta anos. Unha novela que constitúe unha grande homenaxe á “Comedia da Arte” e ós seus personaxes característicos os amos e os criados ou bufóns. Bufóns, pobres de todo, pero a cal máis pícaro, entre os que destacan: Arlequín, que vendería os calzóns feitos de distintos farrapos de macarróns, o máis raposeiro dos bufóns; Polichinela, o napolitano que ten máis de ladroeiro ca de criado, que loce unha xoroba diante e outra detrás; Colombina, a máis simpática e presumida do grupo, que sempre vai o seu e coquetea con calquera con tal de conseguir o que quere. Entre os amos, que mangonean moito e perden sempre, figuran personaxes como Pantalón, o vello avarento de Venecia, moi agarrado e de longuísima capa negra; o Doutor, o médico que non sabe de medicina; ou omedoso Capitán. Nesta divertidísima novela de Rodari, unha gondola fantasma, que navega sen gondoleiro polas canles venecianas, provoca secuestros, enganos, persecucións e abordaxes entre piratas, mercadores e personaxes da Comedia da Arte; todos buscan o fillo do Califa de Bagdad. ¿Quen viaxará nesa góndola misteriosa? Como sucede en toda a Comedia da Arte aquí os personaxes teñen moita máis importancia có argumento, xa que son os propios personaxes os que dan pé ó argumento. En “A góndola fantasma”, esta historia veneciana de Rodari, o lector asistirá as pelexas entre amos e criados, entre vellos emozos, entre poderosos e míseros, entre sabios e burros, e, neste caso tamén, entre mouros e cristiáns.

A góndola fantasma

Rodari, Gianni

128Ver
10+

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto… Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros. A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesán os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.

A casa da luz

DoCampo, Xabier P.

192Ver
12+

Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios compatriotas. Para uns, non foi máis ca unha covardía, propia dun xeneral indeciso; para outros, en cambio, foi unha manobra perfecta da arte militar. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo, ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre. Rosalía de Castro dedicoulle un apaixonado poema. A retirada de Sir John Moore dá conta dalgúns dos episodios que sucederon naquela Galicia das guerras Napoleónicas. O argumento do libro xira arredor da peripecia de Teixugo, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños con dous exércitos -o inimigo frances capitaneado polo mariscal Soult e o aliado británico dirixido polo teimoso, valente e disciplinado Sir John Moore- que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta. Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna a Galicia e únese ao abade da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros. O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a Igrexa ten, como se sabe, o dez por cento nestes negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é quen de se impor a exércitos tan potentes. Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter mesmo no fragor da batalla de Elviña.

A retirada de sir John Moore

Carreiro, Pepe

48Ver
12+