Leoteca - Parte de Smartick

< Volver

Resultados de tu búsqueda: 531 libros

Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego. «Bobi» Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay, un vello triunfador do fútbol europeo que obtivera dous subcampionatos da UEFA, finalista na Recopa, o Escudeto italiano e tres clasificacións nos Mundiais. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería; Pretinha, –o lateral dereito que chegara do Botafogo, unha marabilla como carrileiro-, Gaula, Rodri e Garcés na defensa; Outes –o medio centro incansable, recuperador de balóns incribles, oriúndo de Lleida con raíces galegas-, Kristopher –o internacional dinamarqués–, Kaisser e Manríquez na media; e Djuva –a estrela do equipo, o goleador esloveno, o señor da área, o dianteiro listo e cazador dos despistes– e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando a pelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, Xaime Barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu «neniño de diamante», camiño da entrevista co presidente: Bobi, acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles á cabeza».

Lume de biqueira

Vázquez Pintor, Xosé

280Ver
12+

Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada “Teoría do final feliz” e remata cun emotivo “Lembranzas dos irmáns Grimm”, escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, “O lobo e os sete cabritos” e “Os músicos de Bremen”. Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de “Nabiña” e “Os mensaxeiros da morte”. Silvia Blanco de “O fiel Xoán” e “Os mensaxeiros da morte”. Tino Gatagán de “Hänsel e Gretel” e “Brancaneves”. Javier Zabala de “O pescador e a súa muller” e “A viaxe de Polgariño”. Pablo Díaz de “O xastriño valente” e “Brancaneves e Rosavermella”. Miguel Calatayud de “A Cincenta” e “O paxaro de ouro”. Jesús Gabán de “Carapuchiña Vermella” e “A Bela Dormente”. Federico Delicado de “Os seis cisnes” e “A raíña das abellas”. Por último, María Jesús Santos de “Polgariño” e “A laverca cantareira e saltareira”. Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o Nadal.

Contos de Grimm

Grimm, Jacob;Grimm,...

240Ver
8+

A maldición dos Velasco

Fausto,Méndez,Malvar,...

48Ver
12+

Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. Orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. Un día malfadado, cando Isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus brazos estricáronse de maneira extraña. O vello acordeonista quedou estomballado no chan e tivo que ser internado nun hospital. Orión viuse obrigado a fuxir da cidade, cruzando por pasos subterráneos e pontes por riba das autovías, para non acabar encerrado na canceira. Na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses nunha cova, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber qué contén. Ningún deles é quen de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fraga… “Orión e os animais magos” do catalán Joán Manuel Gisbert é unha novela protagonizada por personaxes animais que falan con palabras humanas e protagonizan escenas intensas e emocionantes. Como en obras anteriores de Gisbert, nesta deliciosa novela van aparecendo aos poucos enigmas e misterios que se van dilucidando ao longo da historia; acontecementos que contarán coa presencia, en moitos momentos, do marabilloso e do inexplicable, máis en concreto, feitos relacionados coa maxia escénica e as artes do ilusionismo. Fantasía e misterio mestúranse nunha obra, ilustrada de xeito realista por Francisco Solé, que con toda naturalidade e mediante unha linguaxe sinxela e precisa é quen de situar ao lector nun mundo onde os animais falan, maquinan e senten.

Orión e os animais magos

Gisbert, Joan Manuel

136Ver
12+